Na súa cuarta edición, o concurso toma como base a
obra 2132, de Roberto Vidal Bolaño
A Asociación Cultural
Entre Bambalinas convoca o IV Certame de Banda Deseñada sobre teatro que este
ano estará dedicado ao texto 2132:
Exercicio para debuxantes intrépidos de Roberto Vidal Bolaño. Deste xeito, a
RGT quere contribuír a homenaxear a figura deste dramaturgo e home de teatro
total no ano en que se lle dedican as Letras Galegas.
viñeta de Hámster, de Diego Campos a partir da peza homónima de Santiago Cortegoso -gañador do II Certame de Bd |
As persoas interesadas en
participar teñen de prazo até o 31 de xullo para presentar a súa adaptación nunha
única páxina do CAPÍTULO III da citada obra.
O autor ou autora do traballo gañador recibirá o encargo de
adaptar o texto completo para a edición que a RGT realizará a finais do ano
2013.
Ademais da edición do
traballo, o premio conta con unha dotación económica de 600 euros.
O texto, que foi editado
no nº8 da RGT pode ser consultado aquí e tamén na web da revista: revistagalegateatro.com
Viñeta de Belicosario, de Juan Moliña a partir da peza homónima de Manuel Lourenzo -gañador do III Certame de Bd |
Bases.
1) A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca este certame co obxectivo de contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego.
2) Neste certame poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas e poderán presentar, cada unha delas, cantas propostas desexen.
3) Para o concurso cada participante deberá adaptar para banda deseñada nunha única páxina o 3º capítulo da peza 2132, Exercicio para debuxantes intrépidos de Roberto Vidal Bolaño, editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 8 e que pode consultarse na web: revistagalegateatro.com ou neste blog. Dos traballos recibidos, un xurado escollerá a proposta gañadora para encargarlle a adaptación completa da obra. O traballo final deberá ser entregado o 30 de novembro.
4) O texto do traballo será en lingua galega.
5) A extensión final da banda deseñada será de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor. O formato será DIN A-4 (210 mm x 297 mm) en soporte papel ou dixital.
6) Os traballos presentados non poderán levar o nome da autora ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
7) A recepción de traballos rematará o día do nacemento de Roberto Vidal Bolaño: 31 de xullo de 2013, este incluído. Deberán remitirse por correo postal a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra).
8) A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras.
10) A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados.
11) As propostas non premiadas poderán ser reclamadas ata o 30 de setembro de 2013. Os gastos de devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e osorixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.
12) Establécese un único premio de 600 euros e a edición da obra. O premio en metálico será dividido en dúas entregas: unha primeira entrega de 250 euros no momento de coñecer a decisión do xurado -15 de agosto- e unha segunda entrega de 350 euros no momento da recepción do traballo completo -30 de novembro-.
13) Un xurado cualificado determinará a mellor proposta. O premio poderá ser declarado deserto.
15) A participación neste concurso implica a aceptación de todas as súas bases. A organización poderá introducir, se o cre preciso, as modificacións que estime pertinentes para o bo funcionamento do certame.
Para calquera información sobre o concurso, as persoas interesadas poderán dirixirse ao enderezo:
revistagalegateatro@hotmail.com.