Textos

.........................................................................................................................


2132
(Exercicio para debuxantes intrépidos)

 de Roberto Vidal Bolaño

Texto aquí




.........................................................................................................................


BELICOSARIO de Manuel Lourenzo





DEZDE BOZNIA CON AMOR

Soldado
ZA eztou aquí
de volta aoz larez
Fizen a guerra como un home
e veño cheo de ezperiencia
En Boznia todoz teñen ezperiencia
dezde nenoz
Eztán moi preparadoz
Por izo non ze fían de ninguén
Dázllez un caramelo por ezemplo
e non cho queren
Pode zer unha granada
Ah
Izo é ezperienzia
Hoze en día fanze armaz moi zofizticadaz
Ze te pilla un obúz por ezemplo
eztáz perdido
Eu tiven zorte zi zeñor
Déronme zó con metralla
Outroz non o contaron
Por ezemplo un zoldado meu colega
Iamoz pola rúa tan tranquiloz
con dúaz putaz de permizo
caeulle ao lado unha couza dezaz tan zofizticadaz
e eztoupou como un petardo
pum
Az putaz non quizeron zaber máiz
e aquela noite durmin zó
En Boznia toda a zente anda a correr
polaz rúaz
Parecen dezgraciadoz
A unha zeñora que viña da compra miña zoia
oz reztoz do colega meu zoldado zalpicárona
e puzérona perdida
Ela gritou
o meu veztido o meu veztido
e daba azí coz brazoz anguztiada non zabendo o que facer
que en Boznia é raro ver tendaz abertaz
Impozíbel comprar novoz veztidoz
Por izo a zente vai tan zuza
uf
Dá nozo de verdade
E izo que oz muzulmanoz ze algo teñen é o do azeo
Lávanze moito bu
Outra couza non zerán maiz limpoz zi

Nóz eztamoz alí para zalvaloz e darllez de comer
Aoz zoldadoz mandáronnoz a Boznia para izo
O Comandante dizo vóz soldadoz
tendez o deber de alimentaloz e máiz nada
E que non zaiba eu que uzadez az vozaz armaz
contra eztez dezgraciadoz
Non viñemoz aquí para tirar
Non viñemoz aquí para dezafiar
Nóz viñemos aquí para dar de comer aoz muzulmanoz
E máiz nada
Rompan filaz
Azí mezmo

Eu fizen moitoz amigoz en Boznia
zi
E agora que zon retornado penzo nelez
e no ben que o pazabamoz na guerra
E dígolle á miña moza vez
cando eztaba na guerra tiña amigoz
e agora zó te teño a ti
E ela dime zeráz animal
Zupoño que zerá izo o que me di pola cara que pon
poiz entender eu non a entendo ben
Como é eztranzeira
Ben penzado zon un home con zorte
Fun á guerra e voltei cunha moza eztranzeira
cunhaz tetaz azí.

Zalveime zi
Fizen a guerra como un home
E veño zeo de ezperiencia





ROZA VIOLADA

Eu tamén veño da guerra zaben
Eu tamén veño da guerra e zuro
que a couza non é para tanto.
Home ás vecez topaz cunha violación ocazional
un capitán ou un zoldado razo
ou ze me apuran un deztacamento
dezes que mandan ás zonaz
quentez en procura
de grupoz terroriztaz
Que zufoco
E veñen zen un brazo ou unha renque
de dentez a cuzpir
chorroz de zangue como porcoz
Entón zi
entón zi que abrez az pernaz
e diz entra
Zen correr, zen apertarze que hai zitio
para todoz
Entón zi que oz acollez infelicez
E quen chama violación a izo
Caridade máiz ben
ou zolidariedade coz valentez zoldadiñoz
terían que dicir
Porque elez pobrez non teñen a culpa
Elez todo o que fan é zeguir
o zeu inztinto
Zon humanoz
E en cazoz tan eztremoz unha rapariga
non é non pode zer
de pedra
Azí que a couza non é para porze
a denuncialoz coitadiñoz
Baztante teñen elez con zufrir
ezaz malditaz ezploziónz
que zegan brazoz pernaz zenitaiz
Eu tamén veño da guerra
zaben
Eu tamén fuzín doz bombardeoz
e zei o que é
aturar ezez ruídoz ezpantozos
Eu tamén zería quen de fazer couzaz
feaz ze me apuran
Eu tamén
ze foze home





ZON UNHA ARTIZTA

Eu, a ver ze entendemoz, zon
unha artizta
A min a guerra bah non me intereza
Eu zei vivir perfectamente zen obuzes
nin carroz de combate que deztrozan
az calzadaz e fan un ruído
inzoportábel
A ver cando noz culturizamoz zi
Unha artizta ten oz zeuz dereitoz
Eu non quero abrir a porta e zaz
bater coa man dun zoldadiño
ou cunhaz tripaz aínda frezcaz
É un ezcándalo
Non zei cando imoz aprender
Parece que az maneiraz non ezizten
E para min que zon artizta
rezulta particularmente odiozo comprobar
que a zente nunca toma en zerio ezez detallez
nin zequera na guerra
Eu por ezemplo cando volto
do meu traballo no Karina’z Club
de madrugada levo o meu bolziño
cheo daz ezcrecenciaz da zornada para
deitar no lizo
Azí oz clientez
nunca penzarán que
unha é unha proztituta do común
quero dicir pouco azeada
Que a guerra nunca pode zer unha dezculpa
para non vivirmoz como zerez civilizadoz






CONZELLO

1
Ola, eztadez aí
Zodez grandez
Poiz ze zodez grandez teño
unha pregunta para vóz
Como podo deizar de zer virze

2
Ezcoita nena ezaz couzaz
non ze dizcuten azí en público
Non tez unha boneca
Poiz zoga aoz veztidiñoz coa túa boneca
e deiza de penzar en couzaz raraz

3
Za zabez lavala
ezpeluzala
limparlle az caquiñaz
levala ao zardín e dicirlle
Vaneza moito ollo que te vezo
Ao mellor penzaz que zon parva
Ze te pillo outra vez a facer couzaz co Balzeiro
zen uzar prezervativo
vaz ver como te mando ao pzicólogo

1
Non ao pzicólogo non
por favor
ao pzicólogo non
Prometo zer
un encanto

3
Eu non falaba de ti.

2
Ela falaba de Vaneza
a túa bonequiña linda

3
Zerá linda maiz tamén
é unha rapoza

1
É certo que falabaz de Vaneza

3
É certo

1
De min non

3
De ti non teño nada que dicir

2
Como aínda ez virze

3
Zilencio non falemoz dezez temaz
que logo a nena zoña con zer Iola Berrocal

2
Azúz non

3
Az couzaz hoze van azí de rápidaz.
Pozllez unha boneca naz manz a eztaz mocozaz
e za penzan que zon naiz e que teñen dereito a todo

2
Mezmo a deizar de zeren virzez

3
Mezmo a izo

2
Que aztutaz

3
Zi

2
Que horror


1
Ola Vaneza a ver como te portaz hoze no zardín
Eu entreteño a Barby
e ti vazte con Kent
Za me diráz.






CAZA CON VIZTAZ


Unha
Ti vichez Maruzella
un zoldadiño que non paza doz catorce
a defenderze como un león
É zorprendente

Dúas
A min o que me zorprende é que oz manden
á guerra tan cachorroz
Con ezez anoz tiñan que andar no inztituto
a aprender o ingléz
para zer algo o día de mañá

Tres
Poiz eu digo que admiro o cachorriño
pola zúa determinación de vir á guerra
e zalvarnoz dezez putoz invazorez
Zi zeñor
Viva o cachorro

Unha
Eu non zei o que dicir
Que zinto láztima deze rapaz
Eztá o pobriño tan dezamparado
Voulle mandar un cacho de empanada
máiz que nada para que zaiba que hai zente
que eztima o zeu zezto dezezperado

Dúas
Ti Carmiña non az penzaz
Como lle vaz mandar un cacho de empanada
a un zoldado que ten a mizión
de non deizar pazar un zó invazor
E ze lle ezpetan un tiro
por atender zó á empanada
e dezpiztarze
eh

Tres
Oi que zezto tan bonito
Non viztez como apañou o fuzil para tirar
Que demo de rapaz
Ze á caída da tarde aínda vive vouno convidar
a unha copa de aníz

Unha
O teu Vaneza é de pziquiatra
O zoldadiño aí no parapeto acurralado
e ti a penzar en marealo con aníz
Zeráz vicioza

Dúas
Dezde logo Vaneza non az penzaz
A quen ze lle ocorre falar do rapaz
como ze foze un puro obzecto zezual
Coitadiño
Voulle tirar un ezcapulario da Virze
en compenzación

Unha
Muller Maruzella
tampouco é couza de azuztalo
con ezcapularioz
e couzaz azí de embarazozaz
A ver ze penza que vai morrer

Tres
Eztá ben retiro o da copa de aníz
maiz cunha condición

Dúas
Na guerra non hai condiciónz
Ou zer ou non zer

Unha
Za eztamos co teatro
É que non podemoz falar con zenzatez
Eu propoño botarlle unha medalla
para premiar o zeu valor

Tres
A miña condición é que
vóz voz retiredez daz zanelaz
Quero falar a zoaz co zoldado

Dúas
Zi muller
que zomoz parvaz
O que ti querez é beneficialo
Poiz non
O zoldado é de todaz

Unha
O nozo zoldadiño carne de canón é de todaz
e para todaz

Dúas
Repartímolo e za eztá

Unha
Antez de que o dezcuarticen

Dúas
Antez de que zalten oz pedazoz
e non haza nada que aproveitar

Unha
O zoldado é de todaz
O nozo leonciño valente

Dúas
Avante mullerez

Unha
Lanzaivoz zobre a voza preza

Dúas
Lambédelle oz untoz

Unha
Zugádelle o zangue


Dúas
Acabade con el e dezpoiz
cantade o tiroliro

Tres
Eztá ben convencéztezme
Eu tamén quero zer unha harpía

Unha
Eu tamén

Dúas
Eu tamén

Unha, Dúas, Tres
Eu tamén quero zer unha harpía





FURIOZO


El
Za está ben
Za está ben de falarmoz da guerra
É que non hai outroz temaz
A guerra, zempre a guerra
A ver ze agora vai rezultar que
a guerra é o principio e a fin
de todaz az couzaz
e non un incidente
entre paízez que ze levan mal
Hai que foderze
Azí é que non imoz a ningurez
con ezaz ideaz retrógradaz
A guerra faize e za eztá
cando non hai ningunha zolución
para oz problemaz
e non temoz que lle dar máiz voltaz
ao azunto
Az guerraz zon inevitábeiz

Ela
Zozé ven que za eztán az croquetaz
Ze non az querez doullaz aoz nenoz
Eu za non podo máiz
Hoze fun á caza da muller do comandante
e fizen catro cuartoz grandez en vinte minutoz
e dezpoiz fun ao meretrizario da Ezpantoza
e pazei a fregona por todoz oz cuartoz
que zon zete e medio
en dúaz horaz menoz dez
contando o medio
que tamén o fizen aínda que non tiña que facelo
porque é o trazteiro
 e alí nunca ze limpa
que nin zitio hai para limpar
Za a Ezpantoza me dizo
nena o cuarto do medio non ze limpa
que non hai ezpazo
E eu mellor para min que azí teño un cuarto menoz
Maiz hoze como za eztaba pozta
e que máiz tiñan zete cuartoz que zete cuartoz e medio
pazeille o pano como puiden
e hale correndo para o infantario
a recoller oz nenoz
que oz coitadoz za tiñan que eztar a ezgarecer coa fame
e traeloz para a caza
e facerllez o almorzo
az croquetaz za zabez
ezaz que ti hoze vaz deizar
para que coman elez coitadiñoz Zozé meu
Zozé no fondo
tez un corazón de ouro

El
Alto alto quen dizo que non vou papar
ezaz croquetaz
E vézme hoze con ezaz
hoze precizamente que traballei como un animal
e zería quen de comer unha pota de ferro
Veñan ezaz croquetaz Mariluz
que a guerra non é unha dezculpa
para pazarmoz fame

Ela
Ai Zozé
non teño máiz que zeiz croquetaz
Unha para cada fillo e dúaz para ti
Conta ben o que comez Zozé
E por min non te preocupez
que eu za lambín a tizola
e ademaiz hoze eztou con aquela couza
e non teño ningunha apetencia

El
En fin za veremoz
Ti déizame meterlle o dente a ezaz croquetaz
e za che direi ze repito ou non

Ela
Ai Zozé Zozé
que vivimoz tempoz de guerra
e a ezcazez é moita

El
Zi za zei que a fame é brava

Ela
É

El
Poiz non lamberaz a tizola e agora
teriamoz para todoz e a fartar
que a guerra non vai zervir
para zuztificalo todo
Ti non zabez
que ezaz ideaz zon medio retrógradaz

Ela
Non zei nada Zozé
Eu zó zei que oz nozoz parruliñoz
pazan fame

El
Ezaz
ezaz zon az ideaz retrógradaz
que che dicía eu
É comezarmoz a falar da fame
e a guerra nunca terminar

Ela
Entón teremoz que calar a boca
Non facermoz nada poloz meninoz
e por enriba calar

El
Zi é o mellor

Ela
O mellor para quen, Zozé

El
Para todoz
para ningún
Za non zei
eztou confuzo
Ez ti que me confundez
Ti muller
coaz túas zenialidadez retrógradaz
Merda merda merda
Poiz agora vaz ver

Ela
Ai ai ai

El
Ze aínda non che fizen nada
Retrógrada.





DÍA DE FEZTA


Unha
Zaímoz á praza e que hai na praza
Fezta
E a praza eztá chea de militarez
E de mullerez zomoz nóz az dúaz
Hoze temoz a ezcluziva
Como ás muzulmaniñaz non llez deizan zaír
nin zequera con veo
Za veráz como hoze triunfamoz
Ziamila

Dúas
Eu non me zamo Ziamila

Unha
Ai perdón zerei parva
Poiz non te confundira con Ziamila
a filla de Mohamez e Carlota a paraguaia
Como zodez todoz tan morenoz

Dúas
Eu chámome Belén
E non vezo onde teño a morenez
Zon de Zevilla
O meu moreno é en todo cazo faraónico
Arte comprendez
Eza couza que a zente andaluza
levamoz na fronte
dezde o mezmo inztante
en que nacemoz

Unha
Ti non te preocupez Belén
Un par de pazadiñaz de crema Nivea
e aclaraz
Eu zempre digo non hai nada
que a crema Nivea non dizimule

Dúas
Falaz en zerio
Eztáz zegura de que eza crema embranquece

Unha
Olla para eze
É un capitán
O capitán Epaminondaz
do acampamento doz gregoz

Dúas
Que ezemplar
Parece un príncipe
Ze até oz olloz ten azuiz
E ezez múzculoz
E eza ferramenta

Unha
Onde vez ti a ferramenta

Dúas
É un zozpeitar za zabez
Un prezentimento

Unha
Ah

Dúas
Za zei que o nozo galanciño non anda con izo
a pendurar
Non me parece un ezhibicionizta

Unha
Cando vai de paizano entón zi

Dúas
Como diz

Unha
Que de paizano non ze corta
e moztra todo o que lle deu Nozo Zeñor

Dúas
Abertamente

Unha
Non muller

Dúas
Za me azuztabaz

Unha
É que o coitado
ten unha ferramenta como un burro
que non hai uniforme que a dizimular
De aí o zeu ézito coaz morenaz

Dúas
Zó coaz morenaz

Unha
Con todaz muller non te piquez
que tampouco zer morena é tan dramático
Eva a do Paraízo era morena dizque
E a Virze María
E Zalomé a do Bautizta
E Cleopatra
E Ezmeralda a Zíngara
E Cicciolina en tempoz
E Naomi Campbell
E Mar Florez

El
Óla Zara Zulema
Non me vaz prezentar a túa amiga

Dúas
Zon Ziamila
Non dezculpa Belén

Unha
A filla de Mohamez e de Carlota a paraguaia
zabez
Daz familiaz máiz antigaz de Medina
Zó que a nai é emigrante

El
Non importa
Eu tamén zon de fóra
Epaminondaz
de Tebaz na Grecia clázica

Dúas
De Tebaz como Edipo

El
Quen é eze

Unha
Para min non ollez que eu non zei
Nóz oz Al-Razhiz vimoz de Bagdad directamente

Dúas
Zaímoz da praza Epaminondaz
e pazeamoz un pouquiño por aí
para írmonoz coñecendo zabez
Como zomoz tan diferentez

El
Zi vamoz Ziamila fermozura
que precizo refrezcarme

Unha
Podo ir convozco

Dúas 
Non
Que Epaminondaz capitán zó guzta daz albarez
como unha zervidora
Non é certo
Epaminondaz

El
Zatamente

Dúas
Ai que home
que ezemplar
Parece un príncipe
E dicíaz Zara Zulema que non era
un ezhibicionizta
Ze mezmo a camiñar me pon en celo Ai corre corre Epaminondaz que me vou
Ai que delirio
Que zaturación

El
Tente fermoza
Agarda que za vou

Unha 
Eztaz morenaz
prezéntazllez un home e bótanze
a cacarezar como galiñaz
Zon ferocez



INZULTOZ

Unha
A ver ezaz bombaz

Dúas
Seica non voz atrevedez

Tres
Covardez

Catro
E para izo tanto barullar

Unha
Maroutalloz

Dúas
Zoldadoz de papel

Tres
Filloz de ningún home

Catro
De ningunha muller

Unha
Babozoz

Dúas
Lambepotaz

Tres
Maruloz

Catro
Incapacitadoz

Unha
E agora que facedez

Dúas
Tendez medo

Tres
Azúztavoz a voza pólvora

Catro
Por que non lanzadez ezez bombazoz eh

Unha
Ai non podedez

Dúas
Non volo conzente o Capitán

Tres
Ou é que non zon horaz de bombardear

Catro
Non za

Unha
E non zerá que tendez o medo no cu

Dúas
Que agora non hai bombazoz que vallan

Tres
Con nóz aquí na praza a darmoz vocez

Catro
A gritarmoz até ficarmoz máiz afónicaz que Zuzo Lizta

Unha
Que Zuzo Lizta antez da operación

Dúas
A proclamar a voza covardía

Tres
A inzultarvoz e a fotografarvoz para que a zente veza o muloz que zodez

Catro
O mandadoz que zodez

Unha 
O capulloz que zodez

Dúas 
O caraconaz que zodez

Tres 
O dezcapacitadoz cerebraiz que zodez

Catro 
O azazinoz que zodez


Unha 
Ale eu za me portei

Dúas
Za dizen

Tres 
Za cumprín como unha demócrata

Catro 
Za oz fodín ben fodido
 
Todas

Amén





INFORME
 
Ela

Eu
Zarzento
nacín o quince de abril
de mil novecentoz cuarenta e trez
e vivo
quero dicir que eztou viva
O demaiz
zon avatarez
Apunte
Zarzento
Maiz que fai coa piztola animal
Digo que za pode
ir apuntando neza folla
non contra a miña cabeza
Ou é que pretende
anularme
para pór
a miña data de eztinción
no zeu informe
e azí ter todo
ben cazado.




MUNICIÓN

Rapaz 

Capitán za eztou aquí 
Za eztou aquí coa merda de galiña
coa merda de galiña que me pediu
Capitán
Zon catro euroz
Cuztoume zuntala zabe
Hoze a merda de galiña é moi buzcada
polo zeu valor nutritivo
como ezterco
Por izo me cuztou tanto zuntala
A verdade é que lla dou barata
Capitán
Poiz ninguén ma quería vender
e tiven que afanala como puiden
Quero dicir que a roubei
Zilencio zi
boca pechada
Catro euroz e medio
Capitán
O medio é por gardar o zegredo
Eu zei para que a quere
A merda de galiña é para oz canónz
Embutez oz canónz con ela e alá vai
alá vai voando a gripe aviaria
dereita ao acampamento muzulmano
Zi za calo
Ti lárgame cinco euroz e veráz
como me vou da túa vizta
Cinco euroz e medio
e non hai máiz que dizcutir.


.........................................................................................................................