12/12/2012


A Revista Galega de Teatro presenta en Vigo o seu número de outono

O acto contará coa lectura dramatizada de Ritos de sangue, de María Xosé Queizán



A Casa Galega da Cultura acollerá este venres 14 de decembro ás 19.00 horas a presentación do número 72 da Revista Galega de Teatro, correspondente ao número de outono. O acto contará coa lectura dramatizada da obra Ritos de sangue, de María Xosé Queizán e coa presenza da propia autora.
A Revista Galega de Teatro é unha publicación editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas, de carácter trimestral e adicada á difusión das artes escénicas. Xunto coas seccións habituais da revista que van desde a crítica teatral, á crónica de festivais, pasando por entrevistas de actualidade e artigos en profundidade sobre problemáticas do ámbito escénico, a RGT inclúe en cada un dos seus números unha peza teatral. Nesta ocasión, a peza escollida foi Ritos de sangue que será presentada da man da súa propia autora, María Xosé Queizám, acompañada na lectura por Afonso Becerra, Mónica Bar e Ledicia Costas.


Tertulia literaria en Moaña




Paralelamente, no seu obxectivo de promovera a dramaturxia galega contemporánea, a RGT organiza en colaboración coa Lonxa Literaria de Moaña a tertulia co dramaturgo Santiago Cortegoso. O acto terá lugar o 14 de decembro a partir das 21.00 horas na biblioteca de Quintela. O encontro co autor permitirá abordar a peza teatral Casa O’Rei, da que tamén se realizará unha lectura dramatizada de varias escenas..





18/10/2012


A RGT PRESENTA O SEU NÚMERO DE OUTONO NO  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE.



A Revista Galega de Teatro edita Ritos de sangue, de María Xosé Queizán 


A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 72, correspondente ao outono 2012.  Xunto coas súas seccións habituais e continuando o proxecto de difundir a dramaturxia galega, este novo número da RGT inclúe ademais o texto Ritos de sangue, de María Xosé Queizán. O número será presentado o xoves 18 no Auditorio de Ourense (Sala Azul) ás 19.30 horas dentro do programa do Festival Internacional de Teatro de Ourense.
Dentro dos contidos da RGT72, destaca o apartado FESTIVAIS co percorrido polas mostras internacionais de teatro de Cangas e Ribadavia que realiza Manuel Xestoso xunto coas crónicas do Festival de Avignon, o Festival de Teatro de Almada, o FITEI de Porto ou o Festival Gil Vicente de Guimaraes que asinan Afonso Becerra, Vanesa Sotelo e Antón Lamapereira. De igual xeito, dentro da sección TEMAS, é preciso resaltar o artigo adicado a Wajdi Mouawad (Líbano, 1968), un dos creadores escénicos máis relevantes do momento.
A RGT segue a ser un espazo reservado para a crítica escénica e dentro da sección ESPECTÁCULOS, os lectores poden atopar as análises dos espectáculos Galicia Caníbal, de Filmanova; A función do tequila, de Teatro do Morcego e Paus de cego e A terapia exposta, da inciativa Microteatro por casa. Por outra banda, o apartado ESPAZOS ofrece unha mirada sobre a máscara larvaria a través do artigo elaborado por Pau Cirer e  tamén a posibilidade de descubrir a a experiencia dun grupo de teatro amador formado por profesorado: o Grupo Argallada, de Pontevedra.
A RGT é unha publicación trimestral adicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas. O prezo da revista é de 6 euros. A subscrición anual é de 20 euros (4 números ao ano).

Máis info:
www.revistagalegateatro.com
626 839 675 (Antón Lamapereira)
revistagalegateatro@hotmail.com




• EDITORIAL 

• BANDA DESEÑADA 
         Susana Martínez Otero

• TEMAS       Wajdi Mouawad
         Vanesa Sotelo

• ESPAZOS    A máscara larvaria
         Pau Cirer - Tradución: Antonio Iglesias Mira

                     Grupo Argallada
        Rosario Valcárcel


• ESPECTÁCULOS
Microteatro por casa: Paus de cego e A terapia exposta.
        Mónica Molanes

Galicia Caníbal, de Filmanova
        Manuel Xestoso

A función do tequila, de Teatro do Morcego
        Inma López Silva


• LIBROS
Olimpia de Gouges o la pasión de existir, de Margarita Boja
       Vanesa Sotelo

Campo de covardes, de Vanesa Sotelo
       Pedro P. Riobó
       Fondo Teatral María Casares


• FESTIVAIS

XXIX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e XXVIII MIT de Ribadavia.
       Manuel Xestoso

LXVI Festival de Avignon 
      Afonso Becerra de Becerreá

Festival Gil Vicente de Teatro Contemporáneo de Guimarães
      Afonso Becerra de Becerreá

XXXV Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica de Porto
      Antón Lamapereira e Vanesa Sotelo

XXIX Festival de Almada
      Vanesa Sotelo


• FICHEIRO  TEXTOS TEATRAIS 69

      Ritos de sangue
     de María Xosé Queizán



07/06/2012

XXXVII PREMI BORN de Teatre 2012

O certame está organizado polo Cercle Artístic de Ciutadella. A data límite de entrega dos orixinais remata o 30 de Xuño de 2012.

Podes consultar e descargar as bases da convocatoria neste enlace

30/03/2012

A RGT PRESENTA A PEZA PADAM PADAM NO INSTITUTO CAMÕES DE VIGO



O acto contará coa lectura da obra e a presenza do dramaturgo José Maria Vieira Mendes

A Revista Galega de Teatro organiza, en colaboración co Instituto Camões e a Fundación Universidade de Vigo (FUVI), a presentación da peza Padam Padam, do dramaturgo luso José Maria Vieira Mendes. A obra inclúese dentro do número 69 da RGT e do proxecto da antedita publicación por achegar ao público galego a dramaturxia en lingua portuguesa.
A presentación terá lugar o martes 3 de abril ás 20.30 horas na sede do Instituto Camões de Vigo e contará cunha lectura dramatizada a cargo dos alumnos dos cursos de portugués organizados pelo Instituto Camões e Universidade de Vigo (Centro de Línguas) e coa presenza do propio autor.
A RGT é unha publicación de carácter trimestral adicada á difusión das artes escénicas e que emprega como linguas de traballo o galego e o portugués. Nos últimos anos, a RGT vén reforzando o seu intercambio coa lusofonía xa que, ademais de cubrir información relacionada co mundo das artes escénicas en países de lingua portuguesa, reserva un dos seus catro números anuais para a edición dun texto en portugués.
O presente intercambio entre a Revista Galega de Teatro e o Instituto Camões supón un exemplo da vontade de colaboración existente entre os dous organismo e das posibilidades que lingua e teatro ofrecen como vía de contacto e coñecemento.

27/03/2012

A REVISTA GALEGA DE TEATRO SACA Á RÚA O SEU NÚMERO DE PRIMAVERA



A presentación da RGT 70 terá lugar na ESAD de Galicia con motivo do Día Mundial do Teatro
                                                                               

A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 70, correspondente á primavera 2012 e faino mantendo as súas seccións habituais. De igual xeito, no seu proxecto de difundir a dramaturxia en galego, este número 70 inclúe o texto Fóra feira, do dramaturgo Joan Giralt. A presentación da publicación terá lugar o día 27 de marzo ás 10.30 horas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dentro dos actos previstos para a celebración do Día Mundial do Teatro.
Dentro das diferentes seccións do número 70 da RGT, destaca o traballo “As artes escénicas hoxe: Emerxencia”, elaborado por Roberto Pascual e no que se repasan algunhas das alarmas actuais sobre a política cultural e escénica en Galicia. Por outra banda, o apartado ESPAZOS está reservado para o traballo que Manuel Lourenzo adica á memoria de Isaac Díaz Pardo, a crónica sobre as “VI Xornadas da Federación Galega de Teatro Afeccionado” que asina Pedro Pablo Riobó ou a reflexión sobre “Sete temas incómodos do teatro cubano actual” que comparte o dramaturgo Abel González Melo.
A RGT segue a ser un espazo reservado para a crítica escénica e dentro da sección ESPECTÁCULOS os lectores poden atopar as análises dos espectáculos Miniaturas, de Teatro Ensalle; de Pelos na lingua, de Talía Teatro e de A morte de Danton, da compañía portuguesa Artistas Unidos. Por outro lado, No que respecta ao apartado ENTREVISTAS, o número 70 inclúe unha conversa con Ernesto Caballero -  director do Centro Dramático Nacional- elaborada por Alfonso Rivera, mentres que Afonso Becerra se ocupa de analizar o Festival Internacional de Danza de Guimaraes para a sección EN DANZA.
A RGT é unha publicación trimestral adicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas. O prezo da RGT é de 6 euros. A subscrición anual é de 20 euros (4 números ao ano).
Máis info:
 651 143 776 (Vanesa Sotelo)
revistagalegateatro@hotmail.com

CONTIDO DO Nº 70  da RGT

EDITORIAL
BANDA DESEÑADA
  María Gutiérrez Cedrón
ESPAZOS 
Isaac Díaz Pardo
      Manuel Lourenzo 
VI Xornadas de Teatro Afeccionado FEGATEA
      Pedro Pablo Riobó
Sete temas incómodos sobre o teatro cubano do XXI
      Abel González Melo
• TEMAS 
As artes escénicas hoxe en Galicia
      Roberto Pascual
ENTREVISTAS
Ernesto Caballero
      Alfonso Rivera
EN DANZA 
Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães
      Afonso Becerra de Becerreá
ESPECTÁCULOS
Pelos na lingua, de Talía Teatro 
      Inma López Silva 
Miniaturas, de Teatro Ensalle 
      Cristal Álvarez Lázare 
A morte de Danton, de Artistas Unidos
      Manuel Xestoso
• LIBROS
El Naturalismo en el teatro, de Émile Zola
       Manuel F. Vieites
A interpretación (re)considerada, de Phillip B. Zarrilli 
      Roberto Pascual
Fondo Teatral María Casares
FESTIVAIS
X Festival Agustín Magán 
      Gabriel Prada e Pedro Pablo Riobó
XII Experimenta de Rosario 
      Antón Lamapereira López e José Moset
FICHEIRO
AXENDA
TEXTOS TEATRAIS 67
       Fóra feira
       de Joan Giralt Bailach



08/02/2012

A Revista Galega de Teatro incorpora novos títulos ao Fondo Teatral María Casares

Un fondo especializado en artes escénicas ubicado na Biblioteca Pública Central de Cangas


 FONDO TEATRAL MARÍA CASARES

En galego e portugués

•    A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño de Xosé Manuel Fernández Castro. Xunta de Galicia Edicións Laiovento.  Santiago de Compostela. 2011

•    Novos Autores II: Xabier Abalo, Eva F. Ferreira, Olivia Pena, Vanesa Sotelo, Roi Vidal. Edicións Laiovento.  Ames.2009.

•    Filumena Marturano.Estes Fantasmas!. Sábado, Domingo e Segunda. Eduardo De Filipo. Edición Artistas Unidos.Cotovia. Lisboa. 2011

•    Concreto em 7 atos. Teatro do Concreto. Brasilia 2011.






 
En castelán:

Teoría e historia teatral

•    Los cuadernos de la dramaturgia. Dora Salas (ed.) Dossiers Creadoras Escénicas en el FIT de Cádiz.1. Castelló de la Plana 2011
•    Olimpia de Gouges o la pasión de existir. De Margarita Borja y Diana Raznovich.Universitat Jaume I . Castelló de la Plana  2011.
•    Desde el camerino de Carlos Martínez con Jonathan Gelabert.
•    2011.
•    Análisis de la dramaturgia cubana actual. José Luís  García Barrientos ( Director) Estudos sobre a obra de: Amado del Pino, Ulíses Rodríguez Febles, Nara Mansur, Lilian Susel Zaldívar de los Reyes,  Norge Espinosa, Abel González Melo. Ediciones Alarcos. Habana 2011.
•    Teatralidades de la memoria. Rituales de reconciliación en el Chile de la transición.
•    Alicia del Campo. Mosquito Comunicaciones. Santiago de Chile 2004.


Textos dramáticos

•    Señorita y madame de Gustavo Ott. Artez Blai . Bilbao 2011.
•    En esta crisis no saltaremos por la ventana de Pedro Montalbán Kroebel. El Teatro de Papel. Primer Acto. Madrid. 2011.
•    Ka- Os de Alfonso Vallejo. El teatro de Papel. Primer Acto. Madrid  2011
•    Macbeth vino montado en un burro de José Milián. Ediciones Matanzas. Cuba.2010.
•    Corriendo con Ferry Fox de Ulises Rdríguez Febles. Ediciones Matanzas. Cuba.2011.
•    Luces de Gilberto Subiaurt. Ediciones Matanzas. Cuba 2009.
•    Volando con el fakir de Jesús del Castillo. Ediciones Matanzas. Cuba 2011.
•    Afuera de Liliam Ojeda. Ediciones Matanzas  Cuba 2009.
•    Talco de Abel González Melo. Ediciones Alarcos. Habana 2011.
•    La pasión según el desarraigo de Jorge Ignacio Correa. Fondo editorial A Teatro Revista- ATRAE.  Medellín. 2011.
•    1,2,3 Nubes azules de René Fernández Santana. Teatro escolar. Ediciones Matanzas Cuba 2009.




Revistas
•    Hamlet. Revista de lês arts esceniques.nª 18. Setembre 2011.
•    A Teatro/ Revista. Publicacion de ATRAE y Ande Colombia. Medellín. Nº 17. Enero-Noviembre 2010.
•    Gestos. Teoria y Práctica del Teatro Hispano. Año 26, Nº 52. Noviembre 2011.

Catálogos:
•    Después del diseño. Participación española en la cuatrienal de Praga 2011 de Escenografía y Espacio Teatral.    

DVD:
•    Entrepartidas. Teatro do Concreto. Brasil.
•    Projeto. Teatro do Concreto. Brasil.
•    Diário do Maldito. Teatro do Concreto. Brasil
•    El eco de las Vocês. Fonoteca del Teatro Volúmen .Centro Documentación Teatral.Ministerio de Cultura.




20/01/2012

A RGT edita "Padam Padam" de José María Vieira Mendes

A publicación  continúa co seu proxecto de achegar a literatura dramática portuguesa.



A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.
Dentro das diferentes seccións deste número 69 da RGT, destaca o traballo “Sexo e Teatro” asinado por Afonso Becerra de Becerreá incluído no apartado ESPAZOS. O propio Becerra é tamén autor do artigo “Escenarios do corpo” que xunto coa experiencia de Metátese e Alentía Teatro en Guatemala pechan esta sección.
O apartado TEMAS está reservado ás protestas que o sector das artes escénicas levou a cabo durante o outono en “Crónica dunha rebelión” que asina Xosé Manuel Pazos, a desaparición da Feira Galega das Artes Escénicas que realiza Zé Paredes con “Non houbo Feira…” e a conversa con diferentes axentes de distribución de artes escénicas en Galicia. Por outra banda, a sección ENTREVISTAS está adicada as compañías Lagarta Lagarta e Teatro de Ningures, que vén de cumplir 25 anos de traxectoria. Por último, xunto coas seccións habituais de FESTIVAIS, LIBROS, AXENDA e FICHEIROS, destaca o apartado ESPECTÁCULOS coas críticas das montaxes Oeste solitario, de PT Excéntricas,  O florido pénsil, de eme2 producións e Uno de Nabeirarrúa Danza.
O seu prezo por unidade é de 5,50 euros. A subscrición anual é de 18 euros.


SUMARIO DO Nº 69



TEMAS
•    Crónica dunha rebelión (por Xosé Manuel Pazos)
•    Non houbo Feira (por Zé Paredes)
•    Distribuidoras (Manu Lago, Marta Pérez, Diana Sieira)
ESPAZOS
•    Los Patojos, soños e ideas en acción (por Afonso García Penas)
•    Escenarios do corpo (por Afonso Becerra)
•    Sexo e teatro (por Afonso Becerra)
ENTREVISTAS
•    Teatro de Ningures (por Mónica Molanes)
•    Lagarta Lagarta (por Ana María Fernández)
FESTIVAIS
•    Galicreques (por Xosé Vidal)
•    Festival Iberoamericano de Cádiz (por Antón Lamapereira)
ESPECTÁCULOS
•    Oeste solitario, de PT Excéntricas (por  Manuel Xestoso)
•    O florido pénsil, de eme2 (por María Francelina)
•    Uno, de Nabeirarrúa Danza  (por Cristal Álvarez)
LIBROS
•    Chegamos despois a unha terra gris (por Roberto Pascual)
•    Telón de fondo, de Marcos Ordóñez (por Roberto Pascual)
TEXTO
•    Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes
FICHEIRO
ESTREAS
AXENDA