O texto, editado pola RGT 74, abre unha dobre sesión de teatro que se
completa coa montaxe JULIETAvirtual
O venres 25 de
outubro terá lugar a presentación do texto de teatro radiofónico Caixa negra, de Fernando Epelde a partir
das 20.00 horas. O acto contará coa colaboración dos actores Eva Gontad,
Santiago G. Telmo, Mundo Sánchez, María Costas, Borja Fernández e o propio
Epelde. A presentación abrirá unha dobre sesión teatral que continuará coa
montaxe JULIETAvirtual, de Teatro
Anómico.
Baseada no caso
“A seita do Karate” e cun formato entre a radioficción e a escena, Caixa negra desenvólvese en torno a unha
gravadora de audio , a auténtica “caixa negra” á que fai referencia o título.
Deste xeito, toda a peza ha de afrontarse seguindo as indicacións que se
inmiscen entre as palabras, pulsando as teclas de avance, pausa, parada, avance
rápido e rebobinado.
Podes consultar o
texto na web da RGT: