18/10/2012


A RGT PRESENTA O SEU NÚMERO DE OUTONO NO  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE.



A Revista Galega de Teatro edita Ritos de sangue, de María Xosé Queizán 


A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 72, correspondente ao outono 2012.  Xunto coas súas seccións habituais e continuando o proxecto de difundir a dramaturxia galega, este novo número da RGT inclúe ademais o texto Ritos de sangue, de María Xosé Queizán. O número será presentado o xoves 18 no Auditorio de Ourense (Sala Azul) ás 19.30 horas dentro do programa do Festival Internacional de Teatro de Ourense.
Dentro dos contidos da RGT72, destaca o apartado FESTIVAIS co percorrido polas mostras internacionais de teatro de Cangas e Ribadavia que realiza Manuel Xestoso xunto coas crónicas do Festival de Avignon, o Festival de Teatro de Almada, o FITEI de Porto ou o Festival Gil Vicente de Guimaraes que asinan Afonso Becerra, Vanesa Sotelo e Antón Lamapereira. De igual xeito, dentro da sección TEMAS, é preciso resaltar o artigo adicado a Wajdi Mouawad (Líbano, 1968), un dos creadores escénicos máis relevantes do momento.
A RGT segue a ser un espazo reservado para a crítica escénica e dentro da sección ESPECTÁCULOS, os lectores poden atopar as análises dos espectáculos Galicia Caníbal, de Filmanova; A función do tequila, de Teatro do Morcego e Paus de cego e A terapia exposta, da inciativa Microteatro por casa. Por outra banda, o apartado ESPAZOS ofrece unha mirada sobre a máscara larvaria a través do artigo elaborado por Pau Cirer e  tamén a posibilidade de descubrir a a experiencia dun grupo de teatro amador formado por profesorado: o Grupo Argallada, de Pontevedra.
A RGT é unha publicación trimestral adicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas. O prezo da revista é de 6 euros. A subscrición anual é de 20 euros (4 números ao ano).

Máis info:
www.revistagalegateatro.com
626 839 675 (Antón Lamapereira)
revistagalegateatro@hotmail.com




• EDITORIAL 

• BANDA DESEÑADA 
         Susana Martínez Otero

• TEMAS       Wajdi Mouawad
         Vanesa Sotelo

• ESPAZOS    A máscara larvaria
         Pau Cirer - Tradución: Antonio Iglesias Mira

                     Grupo Argallada
        Rosario Valcárcel


• ESPECTÁCULOS
Microteatro por casa: Paus de cego e A terapia exposta.
        Mónica Molanes

Galicia Caníbal, de Filmanova
        Manuel Xestoso

A función do tequila, de Teatro do Morcego
        Inma López Silva


• LIBROS
Olimpia de Gouges o la pasión de existir, de Margarita Boja
       Vanesa Sotelo

Campo de covardes, de Vanesa Sotelo
       Pedro P. Riobó
       Fondo Teatral María Casares


• FESTIVAIS

XXIX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e XXVIII MIT de Ribadavia.
       Manuel Xestoso

LXVI Festival de Avignon 
      Afonso Becerra de Becerreá

Festival Gil Vicente de Teatro Contemporáneo de Guimarães
      Afonso Becerra de Becerreá

XXXV Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica de Porto
      Antón Lamapereira e Vanesa Sotelo

XXIX Festival de Almada
      Vanesa Sotelo


• FICHEIRO  TEXTOS TEATRAIS 69

      Ritos de sangue
     de María Xosé Queizán