O acto contará coa lectura da obra e a presenza do
dramaturgo José Maria Vieira Mendes
A Revista Galega de Teatro organiza, en colaboración co Instituto Camões e
a Fundación Universidade de Vigo (FUVI), a presentación da peza Padam Padam, do dramaturgo luso José
Maria Vieira Mendes. A obra inclúese dentro do número 69 da RGT e do proxecto
da antedita publicación por achegar ao público galego a dramaturxia en lingua
portuguesa.
A presentación terá lugar o martes 3 de abril ás 20.30 horas na sede do
Instituto Camões de Vigo e contará cunha lectura dramatizada a cargo dos
alumnos dos cursos de portugués organizados pelo Instituto Camões e
Universidade de Vigo (Centro de Línguas) e coa presenza do propio autor.
A RGT é unha publicación de carácter trimestral adicada á difusión das
artes escénicas e que emprega como linguas de traballo o galego e o portugués.
Nos últimos anos, a RGT vén reforzando o seu intercambio coa lusofonía xa que,
ademais de cubrir información relacionada co mundo das artes escénicas en
países de lingua portuguesa, reserva un dos seus catro números anuais para a
edición dun texto en portugués.
O presente intercambio entre a Revista Galega de Teatro e o Instituto Camões
supón un exemplo da vontade de colaboración existente entre os dous organismo e
das posibilidades que lingua e teatro ofrecen como vía de contacto e
coñecemento.