27/03/2012

A REVISTA GALEGA DE TEATRO SACA Á RÚA O SEU NÚMERO DE PRIMAVERA



A presentación da RGT 70 terá lugar na ESAD de Galicia con motivo do Día Mundial do Teatro
                                                                               

A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 70, correspondente á primavera 2012 e faino mantendo as súas seccións habituais. De igual xeito, no seu proxecto de difundir a dramaturxia en galego, este número 70 inclúe o texto Fóra feira, do dramaturgo Joan Giralt. A presentación da publicación terá lugar o día 27 de marzo ás 10.30 horas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dentro dos actos previstos para a celebración do Día Mundial do Teatro.
Dentro das diferentes seccións do número 70 da RGT, destaca o traballo “As artes escénicas hoxe: Emerxencia”, elaborado por Roberto Pascual e no que se repasan algunhas das alarmas actuais sobre a política cultural e escénica en Galicia. Por outra banda, o apartado ESPAZOS está reservado para o traballo que Manuel Lourenzo adica á memoria de Isaac Díaz Pardo, a crónica sobre as “VI Xornadas da Federación Galega de Teatro Afeccionado” que asina Pedro Pablo Riobó ou a reflexión sobre “Sete temas incómodos do teatro cubano actual” que comparte o dramaturgo Abel González Melo.
A RGT segue a ser un espazo reservado para a crítica escénica e dentro da sección ESPECTÁCULOS os lectores poden atopar as análises dos espectáculos Miniaturas, de Teatro Ensalle; de Pelos na lingua, de Talía Teatro e de A morte de Danton, da compañía portuguesa Artistas Unidos. Por outro lado, No que respecta ao apartado ENTREVISTAS, o número 70 inclúe unha conversa con Ernesto Caballero -  director do Centro Dramático Nacional- elaborada por Alfonso Rivera, mentres que Afonso Becerra se ocupa de analizar o Festival Internacional de Danza de Guimaraes para a sección EN DANZA.
A RGT é unha publicación trimestral adicada á difusión das artes escénicas e está editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas. O prezo da RGT é de 6 euros. A subscrición anual é de 20 euros (4 números ao ano).
Máis info:
 651 143 776 (Vanesa Sotelo)
revistagalegateatro@hotmail.com

CONTIDO DO Nº 70  da RGT

EDITORIAL
BANDA DESEÑADA
  María Gutiérrez Cedrón
ESPAZOS 
Isaac Díaz Pardo
      Manuel Lourenzo 
VI Xornadas de Teatro Afeccionado FEGATEA
      Pedro Pablo Riobó
Sete temas incómodos sobre o teatro cubano do XXI
      Abel González Melo
• TEMAS 
As artes escénicas hoxe en Galicia
      Roberto Pascual
ENTREVISTAS
Ernesto Caballero
      Alfonso Rivera
EN DANZA 
Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães
      Afonso Becerra de Becerreá
ESPECTÁCULOS
Pelos na lingua, de Talía Teatro 
      Inma López Silva 
Miniaturas, de Teatro Ensalle 
      Cristal Álvarez Lázare 
A morte de Danton, de Artistas Unidos
      Manuel Xestoso
• LIBROS
El Naturalismo en el teatro, de Émile Zola
       Manuel F. Vieites
A interpretación (re)considerada, de Phillip B. Zarrilli 
      Roberto Pascual
Fondo Teatral María Casares
FESTIVAIS
X Festival Agustín Magán 
      Gabriel Prada e Pedro Pablo Riobó
XII Experimenta de Rosario 
      Antón Lamapereira López e José Moset
FICHEIRO
AXENDA
TEXTOS TEATRAIS 67
       Fóra feira
       de Joan Giralt Bailach