CITA COA DRAMATURXIA CONTEMPORÁNEA
A cita terá
lugar este xoves 14 de novembroás 20.00 horas
O xoves 14 de novembro ás 20.00 horas terá
lugar na Biblioteca Central de Cangas do Morrazo un encontro coa dramaturga
Clara Gayo (Vigo, 1971) dentro do proxecto “Difusión da dramaturxia
contemporánea”, que desde o ano pasado leva impulsando a Revista Galega de Teatro.
A cita ofrece a oportunidade de achegarse á
obra de Clara Gayo así como a posibilidade de descubrir a súa concepción da
escrita e os seus procesos creativos de traballos como Prohibido sufrir; Agorafobia. Parálise sobre o medo; Razóns de peso;
Movidas ou A mirada de Pier.
O acto conta coa colaboración do Concello de
Cangas e está enmarcado dentro do Plan Cultural da Deputación de Pontevedra.