A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.
Dentro das diferentes seccións deste número 69 da RGT, destaca o traballo “Sexo e Teatro” asinado por Afonso Becerra de Becerreá incluído no apartado ESPAZOS. O propio Becerra é tamén autor do artigo “Escenarios do corpo” que xunto coa experiencia de Metátese e Alentía Teatro en Guatemala pechan esta sección.
O apartado TEMAS está reservado ás protestas que o sector das artes escénicas levou a cabo durante o outono en “Crónica dunha rebelión” que asina Xosé Manuel Pazos, a desaparición da Feira Galega das Artes Escénicas que realiza Zé Paredes con “Non houbo Feira…” e a conversa con diferentes axentes de distribución de artes escénicas en Galicia. Por outra banda, a sección ENTREVISTAS está adicada as compañías Lagarta Lagarta e Teatro de Ningures, que vén de cumplir 25 anos de traxectoria. Por último, xunto coas seccións habituais de FESTIVAIS, LIBROS, AXENDA e FICHEIROS, destaca o apartado ESPECTÁCULOS coas críticas das montaxes Oeste solitario, de PT Excéntricas, O florido pénsil, de eme2 producións e Uno de Nabeirarrúa Danza.
O seu prezo por unidade é de 5,50 euros. A subscrición anual é de 18 euros.
SUMARIO DO Nº 69
TEMAS
• Crónica dunha rebelión (por Xosé Manuel Pazos)
• Non houbo Feira (por Zé Paredes)
• Distribuidoras (Manu Lago, Marta Pérez, Diana Sieira)
ESPAZOS
• Los Patojos, soños e ideas en acción (por Afonso García Penas)
• Escenarios do corpo (por Afonso Becerra)
• Sexo e teatro (por Afonso Becerra)
ENTREVISTAS
• Teatro de Ningures (por Mónica Molanes)
• Lagarta Lagarta (por Ana María Fernández)
FESTIVAIS
• Galicreques (por Xosé Vidal)
• Festival Iberoamericano de Cádiz (por Antón Lamapereira)
ESPECTÁCULOS
• Oeste solitario, de PT Excéntricas (por Manuel Xestoso)
• O florido pénsil, de eme2 (por María Francelina)
• Uno, de Nabeirarrúa Danza (por Cristal Álvarez)
LIBROS
• Chegamos despois a unha terra gris (por Roberto Pascual)
• Telón de fondo, de Marcos Ordóñez (por Roberto Pascual)
TEXTO
• Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes
FICHEIRO
ESTREAS
AXENDA