Bases.
1) A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora
da Revista Galega de Teatro (RGT), convoca este certame co obxectivo de
contribuír, por medio da banda deseñada, á divulgación do teatro galego.
2) Neste certame poderán participar todas as
persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar,cada unha delas, cantas obras
desexen
3) O traballo consistirá en adaptar para banda
deseñada a peza Belicosario de Manuel
Lourenzo. Belicosario foi editado pola
Revista Galega de Teatro no seu número 51 e pode atoparse nas bibliotecas,
solicitarse nas librarías, na Editorial Galaxia ou no blog: http://revistagalegadeteatro.blogspot.com/.
4) O texto do traballo será en lingua galega.
5) A extensión será como mínimo de 12 páxinas (cor ou branco e negro) máis portada en cor. O formato será DIN A-4 (210 mm x 297 mm).
6) Os traballos non poderán levar o nome da autora
ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo
un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou
lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal,
teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.
7) A recepción de traballos rematará o día 17 de xuño de 2011, este incluído. Deberán remitirse por correo postal a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra).
8) A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras.
9) O fallo inapelable do xurado será o día 9 de xullo de 2010 a través da web: www.revistagalegateatro.com ou en http://revistagalegadeteatro.blogspot.com.
portada obra premiada |
10) A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados.
11) Os exemplares non premiados poderán ser
reclamados a partir do 1 de setembro até o 1 de outubro de 2011. Os gastos de
devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e os
orixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María
Casares da Biblioteca Pública de Cangas.
12) Establécese un único premio de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora.
13) Un xurado cualificado determinará a mellor obra. O premio poderá ser declarado deserto.
15) A participación neste concurso implica a
aceptación de todas as súas bases. A organización poderá introducir, se o cre
preciso, as modificacións que estime pertinentes para o bo funcionamento do
certame. De igual xeito, coidará das obras presentadas pero non se fai
responsable da súa integridade.
Para calquera información sobre o concurso, as persoas interesadas poderán dirixirse ao enderezo: