IV Certame Galego de Banda Deseñada sobre Teatro
Bases aquí
XXXVII PREMI BORN de Teatre 2012
O certame está organizado polo Cercle Artístic de Ciutadella. A data límite de entrega dos orixinais remata o 30 de Xuño de 2012.
Podes consultar e descargar as bases da convocatoria neste enlace
Premios Agadic 2011
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca os seguintes premios:
XX Alvaro Cunqueiro para textos teatrais.
VI Manuel María de literatura dramática infantil.
IX Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
Prazo de presentación dos orixinais: ata o 3 de Xuño de 2011.
+info e bases aquí.
6º PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS
Coa intención de incentivar a creación dramática en galego e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a
través da Mostra Internacional de Teatro convoca, en lembranza daqueles
“Concursos de Textos Teatrais”, a 6ª edición do Premio Abrente para Textos
Teatrais 2011, de acordo coas seguintes bases:
1ª REQUISITOS
Poderán
optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que
presenten obra inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta
convocatoria, sempre que estea escrita na normativa oficial da lingua galega.
2ª PREMIOS
Establécese
un premio único, dotado con 3.000 euros, unha estatuíña do artista Manuel
Rodríguez Alonso (Sampedro), máis a edición da obra gañadora.
O Concello
reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da
obra e entregará ao gañador/a un total de vinte e cinco exemplares. Igualmente,
o Concello poderá promover, a través da Mostra Internacional de Teatro, a
produción para a escenificación das obras premiadas, sen que isto supoña unha
compensación complementaria para o autor/a.
En calquera
montaxe que se faga da obra gañadora farase constar, obrigatoriamente, tanto no
programa, cartel, publicidade, etc., a mención expresa “PREMIO ABRENTE DE
TEATRO. RIBADAVIA 2011”.
3ª PRESENTACIÓN DOS ORIXINAIS
As obras
serán de tema e extensión libre e presentaranse por quintuplicado,
mecanografados a dobre espazo, en tamaño DIN A4, fonte de letra Times New
Roman, por unha soa cara e numerados, grampados ou encadernados.
Os orixinais
presentaranse baixo o título e un lema ou pseudónimo, acompañados dunha plica
onde figure, no exterior, o título e o lema ou pseudónimo e que conteña, no
interior, os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, enderezo
postal, número de teléfono e correo electrónico.
4ª PRAZO E LUGAR DE ADMISIÓN
O prazo de
admisión de orixinais remata o día 1 de xullo de 2010 e deberán enviarse ao
seguinte enderezo:
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Praza Maior s/n, C.P. 32400, Ribadavia, Ourense
Deberase
indicar no exterior do sobre “6º Premio Abrente para Textos Teatrais, 2011”
5ª XURADO
O xurado presidirao
o alcalde de Ribadavia ou persoa en quen delegue e formarán parte del: o
concelleiro de Cultura ou persoa en quen delegue, o director da Mostra
Internacional de Teatro e tres persoas de recoñecido prestixio no eido da arte
teatral. O nomeamento do xurado farao o alcalde e actuará como secretario/a a
persoa elixida por maioría entre os membros integrantes.
A
composición do xurado farase pública con anterioridade á súa reunión, coa
intención de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
6ª COMUNICACIÓN DO DITAME
O xurado
actuará en convocatoria de pleno, en sesión única, sendo precisa a asistencia
de dous terzos dos seus membros.
As
deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. A obra
gañadora será escolleita entre dúas obras finalistas, sendo a gañadora a que
obteña un mínimo de catro votos. A plica correspondente á obra finalista poderá
ser aberta polo secretario do xurado se se considera oportuno para que, se o
autor/a o permite, se dea a coñecer de maneira pública. O veredito do xurado
será inapelable.
O xurado
poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da
Alcaldía-Presidencia do Concello de Ribadavia, que é o órgano competente para
resolver o premio.
A decisión do
xurado darase a coñecer publicamente o día 23 de xullo de 2011, no acto de
clausura da XXVII edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
7ª RETIRADA DE ORIXINAIS NON PREMIADOS
Os orixinais
non premiados poderán ser retirados das dependencias do Concello de Ribadavia
no prazo de 30 días naturais a partir do seguinte da decisión do xurado.
Aqueles orixinais que non sexan retirados nun prazo de dous anos, pasarán a
formar parte dos fondos do Concello, previa destrución das plicas que conteñen os
datos persoais das persoas concursantes.
8ª ACEPTACIÓN DAS BASES
A
participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. A
entidade organizadora queda facultada para resolver calquera cuestión non
prevista nas presentes bases.
+ info en: www.mitribadavia.com/premios