11/05/2011

Quico Cadaval acada o Max a mellor autor teatral en galego

Quico cadaval fíxose co premio Max ao mellor autor teatral en galego polo seu Shakespeare para ignorantes, impoñéndose a Eduardo Alonso - por Glass City-, e Santiago Cortegoso -con A filla de Woody Allen-.
Cadaval, entre Victor Mosqueira e Evaristo Calvo

03/05/2011

A RGT difunde a dramaturxia galega en femenino coa edición de Expostas


O texto pertence á peza homónima da compañía Inversa Teatro escrito por Teté García, Marta Pérez, Rosa Puga e Vanesa Sotelo

Portada do nº 66
A Revista Galega de Teatro saca á rúa o seu número 66 correspondente á primavera 2011 e faino mantendo as súas seccións habituais e apostando pola dramaturxia galega en femenino coa edición do texto Expostas, de Teté García, Marta Pérez, Rosa Puga e Vanesa Sotelo.

 No seu cuarto número sen apoio institucional, a RGT 66 segue a manter as súas diferentes seccións habituais (TEMAS, ESPAZOS, EN DANZA, FESTIVAIS, ENTREVISTAS, ESPECTÁCULOS e LIBROS) entre as que destaca o traballo “A linguaxe escénica na dramaturxia de Cunqueiro” do profesor Afonso Becerra no apartado TEMAS. Pola súa banda, a sección ENTREVISTAS conta con conversas co actor Xan Cejudo, o director e actor Lino Braxe ou a catedrática de Expresión Corporal Marta Schinca. No seu apartado ESPAZOS, a RGT inclúe ademais unha reflexión sobre teatro e filosofía realizada polo investigador Man-Hauser II e a reflexión sobre a situación teatral que o actor Fernando Dacosta realizou dentro das Xornadas Terapéuticas organizadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Por último, é preciso resaltar o fomento da crítica que se realiza desde as páxinas da revista coa sección ESPECTÁCULOS que nesta ocasión aborda as montaxes “A filla de Woody Allen”, “Historias Peregrinas” e “Pisados ou a cobertura que ofrece a festivais tanto galegos como de fóra de Galicia no apartado FESTIVAIS (é o caso do Chámalle X, Alt 2011 e Feten 2011).   

A Revista Galega de Teatro ten carácter trimestral e distribúese en máis de 50 librarías galegas a través da Editorial Galaxia e en Portugal. O seu prezo por unidade é de 5,50 euros. A subscrición anual é de 18 euros.


SUMARIO RGT 66
TEMAS

A linguaxe escénica na dramaturxia de Cunqueiro
Afonso Becerra

ESPAZOS

Imos cara un teatro necesario para a sociedade?
Fernando Dacosta

Teatro e filosofía
Man_Hauser

EN DANZA

Dramaturxias do corpo (íntimo) en exposición
Afonso Becerra

Entrevista con Marta Schinca
Ricardo Solveira

ESPECTÁCULOS

A filla de Woody Allen, de Cia. Santiago Cortegoso
Mónica Molanes

Pisados, de Ancora Produccións
Cristal Álvarez

Historias Peregrinas, de Teatro do Noroeste
María Francelina Crespo

FESTIVAIS

ALT.2011
Afonso Becerra

Chámalle X
Carlos Tejo

FETEN 2011
Xoán Carlos Riobó e Xosé B. Vidal

ENTREVISTAS

Lino Braxe
Mar Pérez

Xan Cejudo
Vanesa Sotelo e Casilda García

LIBROS

“Los arbitrios de la ilusión: los teatros del siglo XIX”, de Juan P. Arregui
Manuel F. Vieites

FICHEIRO

AXENDA