A presentación da RGT 70 terá
lugar na ESAD de Galicia con motivo do Día Mundial do Teatro
A Revista Galega de Teatro saca á
rúa o seu número 70, correspondente á primavera 2012 e faino mantendo as súas
seccións habituais. De igual xeito, no seu proxecto de difundir a dramaturxia
en galego, este número 70 inclúe o texto Fóra
feira, do dramaturgo Joan Giralt. A presentación da publicación terá lugar
o día 27 de marzo ás 10.30 horas na Escola Superior de Arte Dramática de
Galicia dentro dos actos previstos para a celebración do Día Mundial do Teatro.
Dentro das diferentes seccións do
número 70 da RGT, destaca o traballo “As artes escénicas hoxe: Emerxencia”,
elaborado por Roberto Pascual e no que se repasan algunhas das alarmas actuais
sobre a política cultural e escénica en Galicia. Por outra banda, o apartado
ESPAZOS está reservado para o traballo que Manuel Lourenzo adica á memoria de
Isaac Díaz Pardo, a crónica sobre as “VI Xornadas da Federación Galega de
Teatro Afeccionado” que asina Pedro Pablo Riobó ou a reflexión sobre “Sete
temas incómodos do teatro cubano actual” que comparte o dramaturgo Abel
González Melo.
A RGT segue a ser un espazo
reservado para a crítica escénica e dentro da sección ESPECTÁCULOS os lectores
poden atopar as análises dos espectáculos Miniaturas,
de Teatro Ensalle; de Pelos na lingua,
de Talía Teatro e de A morte de Danton,
da compañía portuguesa Artistas Unidos. Por outro lado, No que respecta ao
apartado ENTREVISTAS, o número 70 inclúe unha conversa con Ernesto Caballero
- director do Centro Dramático Nacional-
elaborada por Alfonso Rivera, mentres que Afonso Becerra se ocupa de analizar o
Festival Internacional de Danza de Guimaraes para a sección EN DANZA.
A RGT é unha publicación
trimestral adicada á difusión das artes escénicas e está editada pola
Asociación Cultural Entre Bambalinas. O prezo da RGT é de 6 euros. A
subscrición anual é de 20 euros (4 números ao ano).
Máis
info:
651 143 776 (Vanesa Sotelo)
revistagalegateatro@hotmail.com
CONTIDO DO Nº 70 da RGT
•
EDITORIAL•
BANDA DESEÑADA María Gutiérrez Cedrón•
ESPAZOS
Isaac Díaz Pardo Manuel Lourenzo
VI Xornadas de Teatro Afeccionado FEGATEA Pedro Pablo RiobóSete temas incómodos sobre o teatro cubano do XXI Abel González Melo• TEMAS
As artes escénicas hoxe en Galicia Roberto Pascual•
ENTREVISTASErnesto Caballero Alfonso Rivera•
EN DANZA
Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães Afonso Becerra de Becerreá•
ESPECTÁCULOSPelos na lingua, de Talía Teatro
Inma López Silva
Miniaturas, de Teatro Ensalle
Cristal Álvarez Lázare
A morte de Danton, de Artistas Unidos Manuel Xestoso• LIBROS
El Naturalismo en el teatro, de Émile Zola
Manuel F. Vieites
A interpretación (re)considerada, de Phillip B. Zarrilli
Roberto Pascual
Fondo Teatral María Casares
•
FESTIVAIS
X Festival Agustín Magán
Gabriel Prada e Pedro Pablo Riobó
XII Experimenta de Rosario
Antón Lamapereira López e José Moset•
FICHEIRO•
AXENDATEXTOS TEATRAIS 67 Fóra feira
de Joan Giralt Bailach